Ginabelle Gin | Sae ao mercado a primeira xenebra de mirabel do mundo
15969
single,single-post,postid-15969,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,vertical_menu_enabled,side_area_uncovered_from_content,qode-theme-ver-7.6.2,wpb-js-composer js-comp-ver-4.6.2,vc_responsive
 

Sae ao mercado a primeira xenebra de mirabel do mundo

news-galicia

25 Sep Sae ao mercado a primeira xenebra de mirabel do mundo

Xa está no mercado a primeira xenebra de mirabel do mundo. Chámase Ginabelle e faise nunha destilería do Baixo Miño. Conseguiron desenvolver o proxecto despois de gañar un concurso mundial de bebidas en Londres. O mirabel, o albariño e a flor de toxo son os ingredientes principais desta xenebra cen por cento galega.

Lograron concentrar os sabores do Baixo Miño nun ‘gin tonic’. O mirabel e os pousos de albariño son os ingredientes fundamentais de Ginabelle, unha xenebra galega que xa se pode atopar en tendas especializadas de toda Galicia, Portugal e o Reino Unido. O proxecto naceu hai 3 anos, pero déronlle o pulo definitivo en 2013 cando logrou gañar o premio Semente DIAGEO, en Londres, superando 300 bebidas innovadoras de todo o mundo.

Iñaki Palacios, director de Valdomiño Premium.

O mirabel é un tipo de ameixa de tamaño pequeno e sabor delicado. Chegou ao Rosal dende a Selva Negra alemá nos anos 30, e hoxe é xa un dos froitos máis representativos do Baixo Miño. Para facer a primeira edición de Ginabelle destilaron 20 toneladas de froitos das súas propias plantacións.

Miguel Oliveira, xerente da destilería “Pazo Valdomiño”

O mirabel ten un tempo de colleita moi limitado, entre o 15 de xullo e o 15 de agosto. O resto do ano non esixe grandes coidados, xa que se trata dunha árbore froiteira perfectamente adaptada ao microclima do Rosal. Iso si, unha boa poda é determinante para obter froitos de calidade.

Xaquín Álvarez Martínez

A base de Ginabelle faise coa destilación de mirabel e alcol de cereal. Despois maceran e destilan por separado os pousos de albariño e outros catro elementos botánicos nos que non falta a flor de toxo.

Miguel Oliveira, xerente da destilería “Pazo Valdomiño”

Despois xuntan os elementos e fan unha última destilación para integrar os sabores e redondear o sabor. O resultado, din, é unha xenebra complexa e afroitada que non precisa máis aderezos ca xeo e tónica. Ou, se se quere sorprender, unha infusión de froitos vermellos.

Iñaki Palacios, director de Valdomiño Premium Spirits

O obxectivo destes emprendedores é conquistar o público máis novo cunha xenebra diferenciada e con fondas raíces galegas.

Vea el video y encontrar más información aquí.

Fuente: Televisión de Galicia